domingo, 2 de maio de 2021

COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS

 REUNIÓN DE ASESORAMENTO XURÍDICO

O día 22 de abril celebrouse no Salón de Actos da Casa Cultural (mantendo as medidas de seguridade COVID-19) unha reunión de asesoramento xurídico para todos os membros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común San Pedro de Angoares.

Nela a avogada de Ponteareas, Dª Teresa Represas, informou aos asistentes sobre as peculiaridades xurídicas das comunidades de Montes e, particularmente, sobre o establecemento de servidumes sobre montes comunais e outros aspectos relacionados con casos de deslinde que,aínda, afectaban á xestión da propia Comunidade de Montes.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario