Onte martes, 5 de febreiro, na re-aberta cantina desenvolvemos a primeira reunión do noso recentemente inaugurado clube de leitura conversando sobre o libro "Azucre" . Obrigadas com Maristela polo seu riquísimo bolo de plátano .
Através de umha conversa distendida, amena, e moi interesante salientamos distintas aspectos do libro que nos chamaram a atención e concordamos no grande descubrimento que foi para nós umha escravitude de brancos, galegos , nom , de negros africanos !!! , na escrava colheita da cana de azúcar cubana de 1835 .
Umha escravitude que nos solidariza coa que sofren actualmente milheiros de persoas que , na procura dunha simple mellora nas súas vidas como os protagonistas da história, som enganadas para servir aos intereses canalhas de outros.
Faltarom um par de amigas por trabalho e família . Todas estamos con ganas de novos descubrimentos e novas lecturas. Desde aquí animar a todas as que se queiram unir a nós .