O Concello ten aberto o prazo de inscrición de agrupacións no " Catálogo de Propostas Culturais " deste 2020 para ter coñecemento e rexistro de todas as que desenvolven actividades artísticas no concello .
Poderán solicitar a súa inclusión ...
* Bandas e escolas de música . * Música clásica .
* Charangas . * Jazz .
* Tradicional . * Rock , pop ...
* Teatro . * Baile moderno, balet, tradicional...
* Maxia , poesía , animación ...
... E que teñan o seu domicilio fiscal em Ponteareas.
Para máis información acudir à páxina web :
ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/ ... do noso concello .
martes, 25 de febreiro de 2020
Asociarse para crecer
COTA ANUAL de SOCIOS e SOCIAS da AAVV de ANGOARES
Seguindo o acordo tomada na última Asemblea Xeral a cota a esta será de carácter INDIVIDUAL e con os importes seguintes :
>>> Socios/as de número (de +18 anos) : 8 euros .
>>> Socios/as infantil-xuvenil ( de -18 anos) : 2 euros .
Desde este vindeiro 2 de marzo queda aberto o prazo pra a súa recadación no local veciñal . A Xunta Directiva visitará os domicilios da veciñanza para facilitar o cobro e actualizar os datos persoais de socios e socias .
Lembrade que os correos, :
electrónico: aavvangoares.ponteareas.@gmail.com , e ...
postal : Abelleira, 4 , Angoares . 36867, Ponteareas .
... Están ao voso servizo para comunicar-nos o que consideredes .
A PRESIDENCIA

martes, 18 de febreiro de 2020
TEATRO
Na tarde de onte recebimos na casa veciñal às persoas participantes no curso de teatro aberto pola Concellaría de Cultura sob a dirección do profesor Roi Vidal .
Dámos-lles a benvida e desexamos que esta colaboración sexa satisfactòria para todos .
luns, 17 de febreiro de 2020
Asemblea veciñal, 15 de febreiro de 2020.
Abre a sesión o Presidente Félix Quixano agradecendo a presencia da veciñanza polo esforzo de ter-se chegado até a asemblea e grazas pola confianza na nova directiva que isto poda significar, así mesmo desexando que, coa unión de todas avancemos na mellora da calidade de vida da parroquia.
Propostas á asemblea:
Mari López como Vicepresidenta: Acépta-se.
Modificación da cota pasando a ser unicamente nominal e de 8€ para adultos e de 2€ para menores de 18 anos: Acéta-se.
Presentada a mesa con cada membro da directiva pasou -se a informar dos obxectivos previstos e que foran expostos á Alcaldía en reunión do 5 febreiro pasado:
Dotación de infraestruturas:
- O abastecemento de augas ás casas da parroquia se irá desenvolvendo ao longo dos meses e segundo a demanda se vaia realizando, esperando que nos próximos tres anos estexa completado.
- O alumeado de toda a parroquia, que é insuficiente e contaminante, vai ser substituido polo sistema LED de menor custo e maior desempeño.
- Saneamento. A fase do Picón avanzará para abril/maio até a estrada xeral e desde aí se colocarán dous colectores cara Á Moscadeira. Os técnicos dirán por onde pasarán logo de facer catas nos terreos. Pedirán a nosa colaboración e informaremos.
Para resto da parroquia non hai autorizacións da Confederación Hidrográfica en tanto non funcione a nova depuradora . A pega está en que a Xunta non deu orde do pago da súa parte e peor, que aínda non resolveu o PXOM polo que tampouco se pode construír a depuradora en Moreira.
- Mentres tanto, as casas que queiran vaciar a fosa séptica podem solicita-lo no concello para maio a un custe igual ao que pagan anualmente as casas e pisos que teñen saneamento.

Melloras na dotación de servizos.
- Este centro veciñal precisa de unha reforma e van acomete-la con outro sistema eléctrico e de mellora construtiva para evitar perda de calor. De poder ser, a seguir, se modificará a estrutura interna para facer um moderno centro multiusos socio-cultural.
Conservación de bens patrimoniais naturais. arquitectónicos, artísticos, toponímicos...
- Mostrou-nos o Alcalde o avance de um proxecto de mellora e conservación do espazo natural do río Uma para gaña-lo para uso e disfrute da veciñanza así como de conservación do seu grande valor arquitectónico.
- Xundo co Concello a Directiva asumiu desenvolver as actividades pertinentes para a mellora e coñecemento do estado do patrimonio artístico e do corres-pondente dos nomes históricos dos lugares da parroquia.
Actividade Culturais.
-Angoares tamén quere participar do Circuíto Cultural e do programa Cultura 24 como así desfrutan as outras parroquias polo que pedimos ao concelleiro de Cultura que nos teña ao tanto de cando debemos solicitar das actuacións que oferten. De igual modo, informar-nos de cando as subvencións, que son a parte maior do noso orzamento, para poder pedi-las.
Desde Cultura nos animan a que lles sirvamos de interlocutores porque así melloraremos a oferta cultural.
E sen mais, levantamos a sesión.
O debate fóra da orde do día deu-se arredor da imperiosa necesidade de acabar co excesivo tránsito na travesía Ponteareas- Salvaterra ao paso pola Abelleira.

mércores, 12 de febreiro de 2020
sábado, 1 de febreiro de 2020
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)