A idea xurdíu despois de ter lido dous libros seus: "A memoria da Choiva" e "Morena, perigosa e románica" os dous de distintos rexistros temáticos que nos cautivaron.
Puxémonos en contacto con el co ánimo dubidoso de se aceptaría um encontro con nós e por isto foi entusiasta a nosa alegría cando respondeu que encantado se achegaría à nosa Casa Vecinhal compartir con nós viandas e opinións, comentários, críticas o que nos prouguer ...
E com isto foi correndo umha larga conversa sobre libros, as súas pautas como escritor, as dificultades da creación literária, a inestimábel axuda da súa parelha e moitas outras que fixeron, deste encontro , umha lembranza inolvidábel.
Foi unha tarde moi especial. Moitas grazas Pedro por este agasallo.
Desde o Clube de Leitura
entregamos para o seu desfrute
um saboroso godelho,
e desde a Asociación ,
a nosa habitual orquídea
para que o ilumine e faga companha
no seu retiro ourensán onde quere rematar
a próxima novela neste xaneiro 25 .
Agradecemento infinito a
Pedro Feijoo pola súa
cercanía, pola xenerosa
disposición e afábel trato ,
todo cordialidade ...
Quedamos coa súa oferta
de acudir num futuro para
seguirmos a falar dos seus
libros e reflexións sobre o
estado da narrativa galega
actual.
Obrigados.
CASA VECINHAL DE ANGOARES, DECEMBRO DE 2024



















